15 ene 2012

O Inverno

Xa chegou o inverno e nótase!
Fai moito frío e os días son pequenos de máis.
Ao igual que cando chegou o outono publico un artigo con vídeos dos tres movementos do inverno compostos por Vivaldi
1º Allegro non molto
2º Largo
3º Allegro






E agora unha historia animada coa música de Vivaldi:






Pedro e o lobo

Esta semana traballamos a historia musical de "Pedro e o lobo"
Tiven as miñas dúbidas en presentárllelo pola miña opinión sobre o papel dos lobos nos contos infantís... mais procurei darlle a volta a esto e aproveitar esta historia para falar e debatir sobre as opinión de cada quen sobre o lobo e o seu papel no conto así como o do resto dos personaxes.

Para introducir a historia melódica e musical primeiro traballamos distintos exercicios coas nosas voces: adiviñar quén da clase fala mentras temos os ollos tapados, exercicios coa megafonía do colexio para adiviñar quén fala, grabar as nosas voces e recoñecelas despois,...
Comentamos a importancia da voz como instrumento e tamén do seu caracter individual, que aínda que podemos intentar imitar á voz doutra persoa sempre queda algo propio e persoal.

Falamos das palabras que contan historias e de cómo poden contar historias os instrumentos, e de que cada instrumento ten o seu son característico, o seu timbre. Incluso hai quen dixo que non todos os clarinetes soan igual ;)

Iso serviu para introducir a versión de Disney, na que os personaxes non falan pero a historia, para ser máis sinxela, está acompañada dunha narración.

Non nos deu tempo a facer xogos de interpretación e dramatización co audio... iso queda para outra ocasión.

O que sí nos deu tempo foi de practicar co Encerado Dixital estas actividades de Miren Garralda
Os obxectivos cumpríronse na súa maioría. Xa coñecemos máis dos instrumentos e do seu son.

14 ene 2012

Breakdance e Bach

Adicado a todos e todas vós pero en especial á clase de 3º C. ;)

13 ene 2012

Nada máis importa

Metallica é un dos grupos de heavy metal máis famosos. As súas cancións son coñecidas no mundo enteiro e forman parte das bandas sonoras de millóns de vidas.

Este tema "Nothing else matters" é un dos máis representativos.

Esta é unha versión en directo, durante un concerto:



Metallica coa Orquestra Sinfónica de San Francisco:


Unha versión moi actual que fixé Shakira nunha das súas últimas actuacións:



Esta é unha versión do grupo Apocalyptica, un conxunto de 4 violonchelos que lle rindan homenaxe versioneando as súas pezas:


Esta ao piano por Luccie Silvas acompañada pola Orquestra Metropolitana


Mentres facía este artigo atopei moitas versións máis... atrévete a investigar e atopa máis versións de "Nothings else matters" pola túa conta.
Cal che gusta máis?

12 ene 2012

Qué sabes? Qué podes saber? Qué queres saber?




Vale, xa sei que é unha foto, pero non é unha simple foto.
Podemos dicir que é unha foto dunha persoa pero podemos saber moitas cousas se nos fixamos...
CONTESTA:

24 dic 2011

ACTIVIDADE PARA NADAL

Esta actividade é obrigatoria para o alumnado de 6º e voluntaria para o de 5º
Apertas e Bo Nadal!

PREME NA IMAXE!

13 dic 2011

Fai un ano

Lembrades?

Infantil no Infante decembro 2011

9 dic 2011

A LETRA Ñ

O eñe (e digo o porque en galego as letras son masculinas) é a miña letra favorita.
Me encanta!
As palabras que a conteñen tamén me gustan moito:
muíño, castaña, camiño, xoaniña,...
e non digamos das que son diminutivos:
rosiña, bonitiña, riquiña,...

http://www.flickr.com/photos/49968232@N00/5614134074

Seguro que vos preguntades "Por qué fala agora do ñ?" pois falo porque estamos investigando o nome da comiña de respiración que aparece nalgunhas partituras... lembrades? Pincha aquí se non lembras
E aínda ninguén deu coa resposta!
Mmmmm. Parece complicado e por iso vou dar unha pista!
ATENCIÓN PISTA!
A comiña de respiración que aparece nalgunhas partituras ten o mesmo nome que o símbolo do eñe, esa liña pequena que está enriba do n. 

Agora tendes que averiguar o seu nome!
Ánimo!

8 dic 2011

6ºA xa ten blogue!

Preme na foto para ir directamente!
Noraboa! Está moi ben!

5 dic 2011

Tocamos a frauta en 6º

E tamén grabamos o resultado. Aquí podedes escoitar as distintas versións de hoxe:

Troppy de 6º A



La Pavana de 6º B



Por esta vez vou dicir que está "algo" ben... pero tendes que ter en conta que hai que practicar un pouco máis... =)

Qué é isto?

Na clase de 5º A saben para qué serve pero non saben cómo se chama.
A ver se o sabes ti! Estamos falando da "comiña" que aparece na partitura...
Investiga!

O APALPADOR


O Apalpador representa a figura mítica dun Carboneiro, que segundo a tradición baixa do monte na noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña dos nenos e nenas e comprobar se comeron o suficiente durante o ano deixándolles un monte de castañas e algún agasallo para desexarlle un ano novo cheo de felicidade e alimentos.
É unha figura popular nas montañas ao este de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo) que se mantivo no esquecemento baixo a influencia de personaxes doutras culturas.
Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Cantiga do Apalpador:
Vaite logo, meu meniñ@                          
marcha agora para a camiña                     
Que vai vir o Apalpador                           
a apalparche a barriguiña                               
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha chea de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo



Info e  imaxe recollida na web do Albergue O Apalpador

4 dic 2011

El ciempiés no proxecto Kantaconmigo!

Kantaconmigo é un proxecto colaborativo da área de Música onde unha decena de colexios de distintas partes da península participan incluindo as súas cancións en vídeo.
Agora nós... Por fin nos estreamos no proxecto!!!


Letra da canción:
EL CIEMPIÉS
El ciempiés es un bicho muy raro,
parece que son muchos bichos atados.
Yo lo miro y me acuerdo de un tren,
le cuento las patas y llegan a cien.

Cómo a cantamos na clase:
Camiñando en ringleira agarrados aos ombros ou cintura do compañeiro ou compañeira que temos diante, simulando un ciempés. 

Vídeos de 2º E.P.
Para a montaxe do vídeo nos colocamos doutro xeito!


Alumnado de 2º B



Payuta

Durante o momento de ler diario do Plan Lector cada venres estivemos vendo un anaquiño da historia de "Payuta", un neno que lle pranta cara nada menos que ao "Dios de la Tempestad".

Na clase de 2º A xa o rematamos e agora podemos contárvolo. Estoitade!

3 dic 2011

O xilófono e o carillón

Esta semana traballamos e investigamos sobre estes dous instrumentos tan parecidos e tan diferentes.
Falamos e comprobamos cousas da súa forma, tamaño, material, sonido, baquetas, duración dos sonidos, que é a caixa de resoancia e a súa importancia...



Códigos QR

Moitas grazas ás investigadoras e investigadores!
Bo traballo!!! Non deixedes de buscar códigos QR! Imos facer unha colección! ;)


1 dic 2011

Vídeo de frauta

Jesús de 5º A acaba de enviarme por correo electrónico a URL deste vídeo e me pareceu moi interesante, tanto como para aloxar nun artigo.
Anímaste a practicala?

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.