26 mar. 2012

Os nosos glogsters

GLOGSTER é unha aplicación que nos permite facer muros dixitais onde insertar texto, audio, vídeo, imaxe,... e todo iso baixo o noso criterio estético. Podemos practicar a creatividade mentres aloxamos a información que atopamos en referencia ás nosas investigacións.
Este Glogster está feito por Cristina e Candela con tema libre, pronto veremos os traballos da clase de 6ºA sobre a música no cine. :)
Preme na imaxe e agarda, ten paciencia porque tarda en cargar uns segundos.

22 mar. 2012

BINTA

Traballos realizados polas mozas de 6ºA.
Felicidades e moitas grazas polo esforzo e o traballo en equipo.

BINTA E A GRANDE IDEA on PhotoPeach

19 mar. 2012

Facemos un póster dixital

Pensando na próxima actividade de música para o terceiro ciclo ocórreseme que podemos utilizar alguna aplicación dixital tipo póster ao xeito que fixo Mª Jesus Camino co seu alumnado de 1º da ESO sobre "A música das familias" 
Glogster é unha deste tipo que permite insertar nun mesmo documento vídeos, enlaces, texto, audio, decorados, fondos, debuxos... todo para desenvolver a vosa creatividade.
A actividade terá estas fases:
1. Pensar cal é o noso propio momento musical cinematográfico preferido
2. Ver os exemplos de música no cine presentados pola mestra e os compañeiros de clase.
3. Buscalo en internet para compartilo no blogue de aula.
4. Preguntar na casa ao resto da familia cal é o seu momento musical cinematográfico favorito.
5. Buscalo en internet e investigar sobre o título da película, e o autor-compositor e título da peza musical.
6. Crear un glogster con toda esa información recollida.
7. Compartir o glogster no blogue de aula
8. Compartilo na clase.

Data final do traballo: finais de abril.

Titorial sobre GLOGSTER

A música no cine






16 mar. 2012

Probando o SoundCloud

Xa tiña ganas de probar esta aplicación.
E agora podemos disfrutar todos e todas de dúas versións da canción do Sapiño.
Lembrade que cando dicimos Ah abrimos a boca e pechamos os ollos
e cando dicimos Mm pechamos a boca e abrimos os ollos.
Queres probar? Pois veña!


O sapiño de 1C by MestraPrimaria

O sapiño de 1A by MestraPrimaria

Coreografía

Este é o baile completo elaborado por partes de xeito grupal na clase de 4ºA

8 mar. 2012

Muller e compositora

Fanny Mendelssohn on PhotoPeach

Profe... Sorpresa!

E tanto!
Estas mozas de 4ºB agasalláronme un ramiño de camelias, un títere e un lapiceiro que elas mesmas fixeron.
Qué lindiñas son! ;)
GRAZAS, MOITAS GRAZAS!

Fanny Mendelssohn


Muller e compositora.
Información sobre a vida e obra de Fanny
No blog Damos la nota de @ArguellesVaras  Grazas! ;)
Na Wikipedia



6 mar. 2012

Pan, leite, sshhh

Tomando ideas de Marina C T estivemos traballando arreo na identificación dos símbolos convencionais para a linguaxe musical.
Deixovos o enlace do documento fantástico creado pola autora do blogue Mi música en el cole

Tamén aprendemos a canción "Ah mmm dixo un día un sapiño" e fixemos versións da mesa...


Traballando en primeiro on PhotoPeach

Traballando o entroido

A clase de 4ºB tiña que investigar sobre o entroido na provincia de Pontevedra.
Este é o resultado:

Traballando o entroido en Pontevedra on PhotoPeach

5 mar. 2012

FELIZ ANIVERSARIO





Imprescindible o enlace de Wikipedia

Con esta melodía tan popular imos traballar certos aspectos dos contidos de música dependendo dos ciclos.
1º ciclo: o tempo e a letra
2º ciclo: o tempo, instrumentos: familia de corda frotada
3º ciclo: o tempo, tema e variacións, instrumentos, agrupación instrumental

1 mar. 2012

Códigos QR

Xa sabedes que temos falado dos códigos QR na clase e no blogue.
Dende entón moitas veces traedes códigos que atopades en cousas de todo tipo: propaganda electoral, zumes de laranxa, caixas de chicles... sempre os probamos e ás veces funcionan e outras non.

Esta semana Ángel e Marta trouxeron cadanseu máis curioso.


Este lévanos a este vídeo



Este outro está na esquina dun libro moi interesante Xoeliqui, que Marta recomenda para Kuentalibros e sairá publicado próximamente :)


O código nos leva a súa páxina web

Déixovos o trailer do libro:

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.