Mostrando entradas con la etiqueta 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º Ciclo. Mostrar todas las entradas

14 may 2012

CARAMELOS CHUNGOS

Clip montado completamente polo alumnado de 5ºA
A idea, o guión, o vestuario, a maquillaxe e perruqería, a dirección,... todo está feito por eles/as.
PARABÉNS! ;)

Falamos dos instrumentos da orquestra

13 may 2012

Caramelos Chungos

ESTA SEMANA SAE O VIDEO ;)

Actividade de Escoita Activa

Chámolle así a esta actividade porque consiste nunha sucesión de consignas que fan que o que teñamos que facer sexa cada vez máis complexo. A única maneira de facelo ben é escoitando con atención para actuar inmediatamente.
Esta actividade é unha versión baseada nunha mestura das realizadas nas Xornadas de #apren12 en Madrid o pasado mes de marzo.

22 abr 2012

Proximamente: "Caramelos chungos"


Na aula de 5ºB estamos facendo un anuncio.
Estamos a piques de rematalo pois xa pasamos polas fases previas de:
- Escoller profesión: actores-actrices, maquillaxe-perruquería, dirección, sonido, imaxe, decorados-vestiario, relacións públicas, guionistas
- Escoller guión
- Consensuar estructura
- Primeiras tomas

Esta semana que entra rematámolo ;)

19 abr 2012

O silencio

Moitas veces traballamos o silencio pois é un concepto simple e complexo, grande e pequeno, que está e non está... Vamos, depende!
Iso significa que é relativo.
Podedes reflexionar comentando qué é o silencio para vós aquí, nos comentarios.


O SILENCIO on PhotoPeach

Instrumentando en 5ºA

26 mar 2012

Os nosos glogsters

GLOGSTER é unha aplicación que nos permite facer muros dixitais onde insertar texto, audio, vídeo, imaxe,... e todo iso baixo o noso criterio estético. Podemos practicar a creatividade mentres aloxamos a información que atopamos en referencia ás nosas investigacións.
Este Glogster está feito por Cristina e Candela con tema libre, pronto veremos os traballos da clase de 6ºA sobre a música no cine. :)
Preme na imaxe e agarda, ten paciencia porque tarda en cargar uns segundos.

22 mar 2012

BINTA

Traballos realizados polas mozas de 6ºA.
Felicidades e moitas grazas polo esforzo e o traballo en equipo.

BINTA E A GRANDE IDEA on PhotoPeach

19 mar 2012

Facemos un póster dixital

Pensando na próxima actividade de música para o terceiro ciclo ocórreseme que podemos utilizar alguna aplicación dixital tipo póster ao xeito que fixo Mª Jesus Camino co seu alumnado de 1º da ESO sobre "A música das familias" 
Glogster é unha deste tipo que permite insertar nun mesmo documento vídeos, enlaces, texto, audio, decorados, fondos, debuxos... todo para desenvolver a vosa creatividade.
A actividade terá estas fases:
1. Pensar cal é o noso propio momento musical cinematográfico preferido
2. Ver os exemplos de música no cine presentados pola mestra e os compañeiros de clase.
3. Buscalo en internet para compartilo no blogue de aula.
4. Preguntar na casa ao resto da familia cal é o seu momento musical cinematográfico favorito.
5. Buscalo en internet e investigar sobre o título da película, e o autor-compositor e título da peza musical.
6. Crear un glogster con toda esa información recollida.
7. Compartir o glogster no blogue de aula
8. Compartilo na clase.

Data final do traballo: finais de abril.

Titorial sobre GLOGSTER

3 feb 2012

O vídeo que faltaba ;)

A última entrega do alumnado de 6º B.
A palabra PAZ en diferentes idiomas!



Clip da paz 06 from Mestra Primaria on Vimeo.

1 feb 2012

Vídeos coa palabra paz

Neste artigo están os vídeo-clips de 6ºB no que cada quen di a palabra paz en distintos idiomas.


Clip da paz 04 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 05 from Mestra Primaria on Vimeo.

NOTA: falta un vídeo, en breve o poño ;)

31 ene 2012

Música e Publicidade 6ºA

En xeral teño que felicitarvos pois fixestes un moi bo traballo.
Poderedes comprobar que algúns exercicios están correxidos.
Mirade as correccións.
Nalgunhas diapositivas hai interrogantes porque o anuncio non ten música ou o exercicio está incompleto.
Podedes ver máis traballos de 6ºA no seu blogue PITUFITOS MONSTER

A palabra PAZ

O alumnado de 6º investigou moitas cousas sobre o Día da Paz, onte centrámonos na palabra paz noutros idiomas distintos ao castelán e galego.
Apareceron cousas ben curiosas...
Cada quen escolleun un deses termos e fixemos a gravación individual ou por parellas dicindo a palabra...
E grazas a unha aplicación puidemos montar estes orixinais vídeos.
Recoñecedes algunha das palabras que din? Saberías decir o seu idioma??? Aaaaahhh!


Clip da Paz 01 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 02 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 03 from Mestra Primaria on Vimeo.

16 ene 2012

Música e publicidade

No terceiro ciclo estamos investigando sobre a música nos anuncios da televisión.
A verdade é que o alumnado de 6º está moi implicado e traballando moi ben!
Noraboa!
En breve publicaremos os resultados
Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.