28 feb 2012

Analizando unha canción


No segundo ciclo comezamos a analizar cancións.
Por petición popular comezamos con Nossa-nossa a famosa canción de moda.
Analizar esta canción nos ofrece a oportunidade de facer moitas máis cousas con ela.
Polo de agora este foi o traballo:

- Distribución por 4 equipos
- Formados os equipos escriben os seus nomes nun folio e consensan un nome para o equipo
- Imos analizar unha canción
- Seleccionamos os datos: título, cantante, disco, país de orixe, idioma
- Para analizar teremos que ir por partes, cada unha delas terá unha letra maiúscula, utilizamos a orde alfabética e cada parte igual terá o mesmo nome.
- Escoitamos a parte A
- Escoitamos a seguinte parte: decidimos que se chama B
- Escoitamos a terceira parte: chamámoslle C
- Escoitamos o resto da canción intentando escribir o esquema. Comprobamos o resultado. Falamos dudas e reflexións.
- Contamos os compases das partes e falamos da relación entre eles polo número de compases.
- Analizamos diferencias entre as partes A e C coa B que é instrumental.



Por cada resposta correcta os equipos van recibindo puntos.
O equipo con máis puntos escolle a letra-parte da que van inventar a coreografía na próxima sesión.

Xa amosaremos estes bailes ;)

A vídeomontaxe atopeina no blogue "A sonrisa de Arturo"


Gatiños e gatiñas!

En pleno entroido traballamos un dos poemas do libro "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso.
Aprendimos trucos para debuxar gatos e tamén os pintamos.
Bo traballo!

O meu gato é un poeta on PhotoPeach

27 feb 2012

O entroido en Salceda

Estupendo traballo de investigación realizado por un grupo de nenos e nenas de 4ºB coa colaboración da titora de 3ºA Merche Gil ;)


Que contentiñas estaban! ;)

24 feb 2012

O día da paz

No día da paz fixemos "O xogo da carrasquiña" todos xuntos no patio.
Levantamos dous muros de caixas decoradas con cousas boas e cousas que non nos gustan tanto, e...
bueno, mira o vídeo e xa saberás...



Untitled from Tati on Vimeo.


Grazas Tati, por montar este fermoso vídeo e deixarme compartilo no blogue! ;)

23 feb 2012

Cómic do Entroido

Coas fotos dos preparativos dos disfraces fixemos un cómic
Gústavos???
Preme, preme na foto para ver o libro enteiro... e paciencia porque tarda un pouquiño! ;)


Se queres coñecer o proceso de elaboración do cómic preme aquí 

16 feb 2012

3 feb 2012

O vídeo que faltaba ;)

A última entrega do alumnado de 6º B.
A palabra PAZ en diferentes idiomas!



Clip da paz 06 from Mestra Primaria on Vimeo.

1 feb 2012

Vídeos coa palabra paz

Neste artigo están os vídeo-clips de 6ºB no que cada quen di a palabra paz en distintos idiomas.


Clip da paz 04 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 05 from Mestra Primaria on Vimeo.

NOTA: falta un vídeo, en breve o poño ;)
Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.