30 may 2012

Manual para ser poeta ;)

Versión do poema de Fran Alonso do libro "O meu gato poeta" realizada polo alumnado de 3ªA.

29 may 2012

ESTO NON É UNHA DESPEDIDA

É un cariño, grande, o que sinto polo cole, polos compis, polo alumnado, pola miña aula, polos meus proxectos,...
Grazas a todos e todas por permitir que todo isto sexa realidade! ;)

O TÉ (CONTO FEITO POLO ALUMNADO DE 2ºA)

O tè on Storybird

24 may 2012

Blog da semana en RED MÚSICA MAESTRO :)

Esta mañá recibín unha mención en twitter da man de @pearson_es na que incluía este enlace e esta sorpresa.
Música no cole blogue da semana en RED MÚSICA MAESTRO.
Moitas grazas!


CARTAZ DE KANTACONMIGO E FLAUTATEKA

XA ESTÁ MONTADO E COLOCADO NA PORTA DA AULA

NA FOTO SAEN OS PARTICIPANTES ATA O MOMENTO NO PROXECTO FLAUTATEKA (UN SAÚDO PARA AISHA QUE NON ESTÁ PORQUE MARCHOU A OUTRO SITIO A VIVIR)

NO COLE BAILAMOS ;)

23 may 2012

Explorando sons

Seguimos explorando sons corporais, nesta ocasión aqueles que se fan coa boca sen emitir palabras e percutindo con extremidades e tronco.
Con esta aplicación do iPad podemos recoller as ideas de cada quen.
Despois interpretamos o noso ritmo.
Creamos o video
E aquí podedes ver o resultado:


21 may 2012

BLOGUE DE NEGRO

DURANTE O 22 DE MAIO DE 2012 O BLOGUE MÚSICA NO COLE TIÑA ESTE ASPECTO

A EDUCACIÓN É UN DEREITO FUNDAMENTAL

I love music

Regaliño da semana pasada.
Grazas Ireka, buscarei un sitio precioso onde pegalo :)

20 may 2012

14 may 2012

CARAMELOS CHUNGOS

Clip montado completamente polo alumnado de 5ºA
A idea, o guión, o vestuario, a maquillaxe e perruqería, a dirección,... todo está feito por eles/as.
PARABÉNS! ;)

Falamos dos instrumentos da orquestra

13 may 2012

2 PROXECTOS - 2 PREMIOS

Dous proxectos nos que participamos: Flautateka e Kantacomigo están premiados co premio Espiral 2012.


Toda unha honra é pertenecer a estes colectivos de centros educativos que participamos de xeito colaborativo nestes lindos proxectos de cancións e música.

Qué ben! qué boas novas!
Grazas a todos e todas! Temos dúas buxainas! ;)

Caramelos Chungos

ESTA SEMANA SAE O VIDEO ;)

Actividade de Escoita Activa

Chámolle así a esta actividade porque consiste nunha sucesión de consignas que fan que o que teñamos que facer sexa cada vez máis complexo. A única maneira de facelo ben é escoitando con atención para actuar inmediatamente.
Esta actividade é unha versión baseada nunha mestura das realizadas nas Xornadas de #apren12 en Madrid o pasado mes de marzo.

Investigamos se o son se pode ver

6 may 2012

9 de maio - Día de Europa

Iria e Mª Isabel de 5ºB participan no proxecto Flautateka interpretando xuntas coa frauta o Himno da Alegría de Beethoven

Este fragmento da 9ª sinfonía foi tomado como Himno de Europa



Como o próximo día 9 deste mes será o Día de Europa podemos practicar con este recurso:

Esto é unha proba

Códigos 2ºB

Un pouquiño de cor ;)

Cambios primaverais na aula

3 may 2012

EUROPA

O 9 de maio se celebra o Día de Europa, se queres saber por qué e moitas cousas sobre o noso continente tes que facer este LIM

Chupi-premio Liebster blog

Noelia, a miña querida amiga e compañeira de twitter @noebranford acaba de agasallarme cun premio de blogueir@s.
Publicouno estes días no seu fantástico blog Pasaporte estelar  e encheume de emoción.

Este premio é un recoñecemento blogueiro pero as súas palabras son moito máis que iso. Grazas Noe, moitísimas grazas por facerme contar con grandísimo afecto.



Liebster blog significa "o meu blogue favorito" en alemán. As persoas autoras de blogues recoñecidos co premio deben seguir unhas normas para manter a cadea de recoñecementos e mimos que cito de seguida:

  • Copiar e pegar o premio no blogue enlazándoo co blogue que cho otorgou
  • Premiar os teu cinco blogues favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando á súa vez os seus cinco blogues preferidos.

Pois agora chega o momento de mencionar os meus 5 blogues favoritos.

- O novo recanto dos cativos: blogue das miñas compañeiras de infantil que comezaron comigo e xa se defenden como unhas blogueiras profesionais enchendo este pequeno recuncho dixital de fermosas actividades e soños feitos realidade. Parabéns polo traballo, compis. =)
- A clase de 4ª A: blogue da miña compi Bea que se puxo ao día nun santiamén, cunha ilusión e disposición que na miña vida vira. Este blogue manifesta de marabilla as características desta aula chea de orixinalidade, creatividade e afán por saber. :)
- Peques Reboreda: blogue de mestras de infantil da parroquia de Reboreda en Redondela. Gracias a este blogue souben por onde ir no meu traballo o ano pasado como titora dun grupo de 3 anos e sen experiencia en infantil. Blogue marabilloso con grandes aportacións e traballo. Grazas polas videoconferencias que os nosos alumnados respectivos puideron manter ;)
- Hacemos música, compartimos música un dos moitísimos blogues de Mª Jesús Camino, profe de música, @mariajesusmusic en twitter, compañeira en Flautateka e Kantaconmigo, colaboradora en Educacontic, e só para resumir, hiperactiva no mundo das tic e da educación musical. Grazas a ti aprendo cada día. =)
- La sonrisa de Arturo: blogue da nai de Arturo de onde saco moi boas ideas para moitas cousas como a canción de Nossa que os serviu para analizar a canción. Grazas pola tesón e ilusión que constantemente manifestades. :)

LETRAS GALEGAS 2012. As nosas letras

Comeza a 2ª edición do proxecto As nosas letras e, como o ano pasado, o CEIP Plurilingüe Infante Felipe tamén imos participar.
Prontiño compartiremos aquí as nosas presentacións.
Se queres saber máis deste proxecto ou animarte a participar preme na imaxe =)

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.