5 dic 2011

O APALPADOR


O Apalpador representa a figura mítica dun Carboneiro, que segundo a tradición baixa do monte na noite do 31 de decembro a tocar a barriguiña dos nenos e nenas e comprobar se comeron o suficiente durante o ano deixándolles un monte de castañas e algún agasallo para desexarlle un ano novo cheo de felicidade e alimentos.
É unha figura popular nas montañas ao este de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo) que se mantivo no esquecemento baixo a influencia de personaxes doutras culturas.
Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Cantiga do Apalpador:
Vaite logo, meu meniñ@                          
marcha agora para a camiña                     
Que vai vir o Apalpador                           
a apalparche a barriguiña                               
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha chea de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo



Info e  imaxe recollida na web do Albergue O Apalpador

2 comentarios:

  1. Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

    Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk


    Boas festas!

    ResponderEliminar
  2. Vaia sorpresa! Moitas grazas, señor Apalpador!

    ResponderEliminar

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.