31 ene 2012

Música e Publicidade 6ºA

En xeral teño que felicitarvos pois fixestes un moi bo traballo.
Poderedes comprobar que algúns exercicios están correxidos.
Mirade as correccións.
Nalgunhas diapositivas hai interrogantes porque o anuncio non ten música ou o exercicio está incompleto.
Podedes ver máis traballos de 6ºA no seu blogue PITUFITOS MONSTER

A palabra PAZ

O alumnado de 6º investigou moitas cousas sobre o Día da Paz, onte centrámonos na palabra paz noutros idiomas distintos ao castelán e galego.
Apareceron cousas ben curiosas...
Cada quen escolleun un deses termos e fixemos a gravación individual ou por parellas dicindo a palabra...
E grazas a unha aplicación puidemos montar estes orixinais vídeos.
Recoñecedes algunha das palabras que din? Saberías decir o seu idioma??? Aaaaahhh!


Clip da Paz 01 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 02 from Mestra Primaria on Vimeo.


Clip da paz 03 from Mestra Primaria on Vimeo.

WANGARI

Onte, nunha desas visitas que fago ao blogue de Maruxeira, descubrín esta fermosísima actividade LIM feita con moito xeito por Belén Junquera sobre Wangari, a premio Nobel da Paz no 2004.
Por suposto que pensei en utilizala na aula porque, ademáis, era o momento idóneo.


Nas aulas de 1º de Primaria gustounos moito, moito e fixemos estes traballiños que queremos compartir con vós. 


As árbores da paz on PhotoPeach



E tamén podedes ver este "experimento experimental": a nosa primeira animación! :)

30 ene 2012

Hoxe é o Día da Paz

Con todo o meu desexo de que a paz no mundo non sexa só unha ilusión!
Desfrutade deste efecto óptico!

16 ene 2012

Música e publicidade

No terceiro ciclo estamos investigando sobre a música nos anuncios da televisión.
A verdade é que o alumnado de 6º está moi implicado e traballando moi ben!
Noraboa!
En breve publicaremos os resultados

15 ene 2012

O Inverno

Xa chegou o inverno e nótase!
Fai moito frío e os días son pequenos de máis.
Ao igual que cando chegou o outono publico un artigo con vídeos dos tres movementos do inverno compostos por Vivaldi
1º Allegro non molto
2º Largo
3º Allegro






E agora unha historia animada coa música de Vivaldi:






Pedro e o lobo

Esta semana traballamos a historia musical de "Pedro e o lobo"
Tiven as miñas dúbidas en presentárllelo pola miña opinión sobre o papel dos lobos nos contos infantís... mais procurei darlle a volta a esto e aproveitar esta historia para falar e debatir sobre as opinión de cada quen sobre o lobo e o seu papel no conto así como o do resto dos personaxes.

Para introducir a historia melódica e musical primeiro traballamos distintos exercicios coas nosas voces: adiviñar quén da clase fala mentras temos os ollos tapados, exercicios coa megafonía do colexio para adiviñar quén fala, grabar as nosas voces e recoñecelas despois,...
Comentamos a importancia da voz como instrumento e tamén do seu caracter individual, que aínda que podemos intentar imitar á voz doutra persoa sempre queda algo propio e persoal.

Falamos das palabras que contan historias e de cómo poden contar historias os instrumentos, e de que cada instrumento ten o seu son característico, o seu timbre. Incluso hai quen dixo que non todos os clarinetes soan igual ;)

Iso serviu para introducir a versión de Disney, na que os personaxes non falan pero a historia, para ser máis sinxela, está acompañada dunha narración.

Non nos deu tempo a facer xogos de interpretación e dramatización co audio... iso queda para outra ocasión.

O que sí nos deu tempo foi de practicar co Encerado Dixital estas actividades de Miren Garralda
Os obxectivos cumpríronse na súa maioría. Xa coñecemos máis dos instrumentos e do seu son.

14 ene 2012

Breakdance e Bach

Adicado a todos e todas vós pero en especial á clase de 3º C. ;)

13 ene 2012

Nada máis importa

Metallica é un dos grupos de heavy metal máis famosos. As súas cancións son coñecidas no mundo enteiro e forman parte das bandas sonoras de millóns de vidas.

Este tema "Nothing else matters" é un dos máis representativos.

Esta é unha versión en directo, durante un concerto:



Metallica coa Orquestra Sinfónica de San Francisco:


Unha versión moi actual que fixé Shakira nunha das súas últimas actuacións:



Esta é unha versión do grupo Apocalyptica, un conxunto de 4 violonchelos que lle rindan homenaxe versioneando as súas pezas:


Esta ao piano por Luccie Silvas acompañada pola Orquestra Metropolitana


Mentres facía este artigo atopei moitas versións máis... atrévete a investigar e atopa máis versións de "Nothings else matters" pola túa conta.
Cal che gusta máis?

12 ene 2012

Qué sabes? Qué podes saber? Qué queres saber?




Vale, xa sei que é unha foto, pero non é unha simple foto.
Podemos dicir que é unha foto dunha persoa pero podemos saber moitas cousas se nos fixamos...
CONTESTA:

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.