19 mar 2012

Facemos un póster dixital

Pensando na próxima actividade de música para o terceiro ciclo ocórreseme que podemos utilizar alguna aplicación dixital tipo póster ao xeito que fixo Mª Jesus Camino co seu alumnado de 1º da ESO sobre "A música das familias" 
Glogster é unha deste tipo que permite insertar nun mesmo documento vídeos, enlaces, texto, audio, decorados, fondos, debuxos... todo para desenvolver a vosa creatividade.
A actividade terá estas fases:
1. Pensar cal é o noso propio momento musical cinematográfico preferido
2. Ver os exemplos de música no cine presentados pola mestra e os compañeiros de clase.
3. Buscalo en internet para compartilo no blogue de aula.
4. Preguntar na casa ao resto da familia cal é o seu momento musical cinematográfico favorito.
5. Buscalo en internet e investigar sobre o título da película, e o autor-compositor e título da peza musical.
6. Crear un glogster con toda esa información recollida.
7. Compartir o glogster no blogue de aula
8. Compartilo na clase.

Data final do traballo: finais de abril.

Titorial sobre GLOGSTER

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.