3 may. 2012

Chupi-premio Liebster blog

Noelia, a miña querida amiga e compañeira de twitter @noebranford acaba de agasallarme cun premio de blogueir@s.
Publicouno estes días no seu fantástico blog Pasaporte estelar  e encheume de emoción.

Este premio é un recoñecemento blogueiro pero as súas palabras son moito máis que iso. Grazas Noe, moitísimas grazas por facerme contar con grandísimo afecto.



Liebster blog significa "o meu blogue favorito" en alemán. As persoas autoras de blogues recoñecidos co premio deben seguir unhas normas para manter a cadea de recoñecementos e mimos que cito de seguida:

  • Copiar e pegar o premio no blogue enlazándoo co blogue que cho otorgou
  • Premiar os teu cinco blogues favoritos coa condición de que teñan menos de douscentos seguidores e deixarlles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron o premio.
  • Confiar en que continúen a cadea premiando á súa vez os seus cinco blogues preferidos.

Pois agora chega o momento de mencionar os meus 5 blogues favoritos.

- O novo recanto dos cativos: blogue das miñas compañeiras de infantil que comezaron comigo e xa se defenden como unhas blogueiras profesionais enchendo este pequeno recuncho dixital de fermosas actividades e soños feitos realidade. Parabéns polo traballo, compis. =)
- A clase de 4ª A: blogue da miña compi Bea que se puxo ao día nun santiamén, cunha ilusión e disposición que na miña vida vira. Este blogue manifesta de marabilla as características desta aula chea de orixinalidade, creatividade e afán por saber. :)
- Peques Reboreda: blogue de mestras de infantil da parroquia de Reboreda en Redondela. Gracias a este blogue souben por onde ir no meu traballo o ano pasado como titora dun grupo de 3 anos e sen experiencia en infantil. Blogue marabilloso con grandes aportacións e traballo. Grazas polas videoconferencias que os nosos alumnados respectivos puideron manter ;)
- Hacemos música, compartimos música un dos moitísimos blogues de Mª Jesús Camino, profe de música, @mariajesusmusic en twitter, compañeira en Flautateka e Kantaconmigo, colaboradora en Educacontic, e só para resumir, hiperactiva no mundo das tic e da educación musical. Grazas a ti aprendo cada día. =)
- La sonrisa de Arturo: blogue da nai de Arturo de onde saco moi boas ideas para moitas cousas como a canción de Nossa que os serviu para analizar a canción. Grazas pola tesón e ilusión que constantemente manifestades. :)

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por este reconocimiento ;)) No he tenido tiempo de responder desde mi blog pero no quería dejar de agradecerte el detalle. Es increíble cómo ha cambiado el mundo de los blogs el trabajo docente..compartir, ver lo que hacemos en nuestras clases hace que nos conozcamos y apoyemos. Es maravilloso. Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias, Mª Jesús!
      Sí que es increíble y espero que todos los cambios sean para mejor.
      Por lo menos, así lo veo.
      Estoy muy contenta de que me hayas contestado!
      Gracias!
      Mil abrazos :)

      Eliminar

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.