24 abr. 2012

Xogamos cos personaxes dos libros

A lectura e os libros sempre teñen un bo sitio na aula e na clase de música.
Con motivo do día do libro, que foi onte e todos os 23 de abril... esta semana teñen un sitio moi especial: os libros, os contos e os seus personaxes son os protagonistas.

O alumnado de primeiro de primaria traballou distintos aspectos:
- Canción titulada "Cando leo un libro son feliz"
- Imitación xestual de personaxes de contos
- Adivinación dos xestos dos compañeiros
- Debuxos de personaxes de contos e escritura dos seus nomes
- Elaboración de murais
- O termo Kamishibai que significa "Teatro de papel"
- Acompañar libremente con instrumentos de placas o relato dun conto no Kamishibai
- Así como o respecto, o turno, o silencio, a espera, a colaboración, a lectura, a escoita, o canto, a práctica musical libre, o xesto corporal, ...

Moito traballamos! O que segue é para que vos fagades unha idea ;)



Personaxes de contos on PhotoPeach

2 comentarios:

  1. Que chuuulooooo!!!Sempre da gusto visitarvos e ver o benque traballades. Moitos bicos melancólicos! ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Maruxeira!
      Por aquí siempre te botaremos de menos!

      Eliminar

Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.