14 nov 2011

As castañas

Que ganas temos de celebrar o magosto.
Esta semana fixemos xogos e cantigas con castañas.
Estes debuxos foron feitos polo alumnado de 1º A.
Mirade que xeitosos!


Make a video of your own at Animoto.

Xa estamos en Flautateka!

Como xa sabedes, neste curso participamos no proxecto Flautateka.

A semana pasada Serxio e Aisha de 6ºA enviaron as súas primeiras aportacións



Preme nas fotos para ver os artigos que fixeron.
Estades xenial! Noraboa!

CROCOLIBRO

CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo
Se tes ganas de pasar
un bo rato divertido
tes que vir á biblioteca
e visitar a Crocolibro

CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo

Se tes ganas de vivir 
aventuras de seguido
tes que vir á biblioteca 
e visitar a Crocolibro

CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo

Se tes ganas de saber
cousas dun mundo perdido
tes que vir á biblioteca 
e visitar a Crocolibro

CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo

Se tes ganas de saber 
sobre un país descoñecido
tes que vir á biblioteca 
e visitar a Crocolibro

CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo

Se tes ganas de escoller
cada día un bo libro
tes que vir á biblioteca 
e visitar a Crocolibro



CROCOLIBRO
é o meu amigo
CROCOLIBRO
quero estar contigo

13 nov 2011

Temos músicos na clase

Qué sorpresa cando dous compañeiros trouxeron cadanseu instrumento.
Tocan na minibanda da vila.
Tocaron para nós unhas pezas e nos gustou moito.
Grazas!
O BOMBARDINO




O SAXOFÓN E O TECLADO


Existen os unicornios?

Estamos lendo a historia de "Payuta y el dios de la tempestad" nos momentos do plan lector.
Nun dos episodios aparece un animal que non é peixe, aínda que parece, e ten un corno como o dun unicornio.
Trátase dun narval.
Voluntariamente un compañeiro e unha compañeira da clase trouxeron información sobre o narval.

FELICIDADES PORQUE FIXESTES UN MAGNÍFICO TRABALLO!




Desfrutamos con estas imaxes:


DETALLE DO COLMILLO


ESQUELETE DUN NARVAL


Url das fotos:
http://www.flickr.com/photos/70872463@N00/152170069
http://www.flickr.com/photos/54876644@N02/5447701750
http://www.flickr.com/photos/51378257@N00/2401863513
http://www.flickr.com/photos/36397453@N00/4915969184



31 oct 2011

Os esqueletos

Os esqueletos on PhotoPeach

Hoxe celebramos o Samaín

O alumnado de 3º de Primaria aprendeu a canción "O Samaín" de Mamá Cabra.
Realizamos exercicios por parellas, aprendemos unha estrofa, decidimos os xestos que o poden dramatizar, bailamos e cantamos.
Pero os traballos escritos quedaron moi chulos porque os decoraron monstruosamente ben!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This scrapbook design customized with Smilebox

29 oct 2011

A nota SI

Nas clases de 4º comezamos a aprender a tocar as notas na frauta.
A primeira en presentarse é a SI
Fixemos un exercicio de localización dos buratos que hai que tapar para facer soar esta nota e quedou moi chulo! Parabéns!

A nota SI on PhotoPeach

28 oct 2011

OS MORCEGOS

Hai quince días estivemos investigando cousas do sonido no enlace do mundo sonoro e comezaron a xurdir moitas preguntas sobre os morcegos.
Entón propuxen investigar sobre eles, poderían facelo aqueles nenos e nenas que lles apetecera de xeito libre e voluntario.
Pois... este mércores recibimos bastantes traballos.
Ao día seguinte aínda apareceron 3 traballos máis pero... xa non saen na foto! Terá que ser a próxima vez!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow customized with Smilebox

18 oct 2011

Comezamos a investigar!

Nas clases de 6º xa comezamos coa investigación sobre o MUNDO SONORO.
As actividades están distribuídas nos blogues correspondentes, podedes pasar polo voso para lembrar a información que tendes que buscar!


Blogue de 6º A

Blogue de 6º B


13 oct 2011

MUNDO SONORO

Hai uns días que chegou a Super Maleta do Coñecemento que nos empresta o CITA
Terémola ata finais de mes e poderemos utilizar o seu contido e traballar para coñecer un monte de cousas sobre o sonido.

Imos a empezar coa investigación!!!


Preme no debuxo!

30 sept 2011

O outono

Vivaldi compuxo catro concertos para violín e orquestra que titulou "As catro estacións". Trátase dunha obra descritiva que evoca, a través de elementos da linguaxe musical, distintos aspectos das estacións do ano.





A chuvia

Chegou o outono e con el a chuvia, aínda que neste 29 de setembro desfrutamos do verán de San Miguel ;)

Pronto engadirei algo moi interesante que fixemos nas aulas de 3ºB e 4ºA... xa escoitaredes...
Polo de agora aquí temos este vídeo!

26 sept 2011

Actividade de investigación para esta semana

Desfruta con este vídeo pero... atende moi ben a quen aparece nel.



Na clase de 6ºB xa o vimos e xa coñecen a 3 dos 4 cantantes que aparecen neste spot... pero...saberías ti dicirnos quen son?

Se sabes a resposta... preme na imaxe e contesta!






25 sept 2011

We will rock you

Unha versión moi orixinal!


Outra versión para desfrutar moito!!!;)



Un toque de humor moi orixinal


Para practicar a letra



Para coñecer ao grupo Queen e ler os subtítulos

20 sept 2011

18 sept 2011

Para flauta

Nestes enlaces atopamos moitas e diferentes partituras para ir practicando.

Moitas grazas a:
María Jesús Camino @mariajesusmusic


e

Luis Belmonte @donlumusical


Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.