30 abr 2012

Terceira canción en Kantaconmigo

Se premes neste enlace irás directamente á entrada nº 3 do noso cole no proxecto Kantaconmigo



Aquí o tendes enteiriño, está en castelán porque no proxecto participan coles de toda España pero a nosa canción está en galego. ;)


Conocí esta canción en la web de Luis Pescetti y me parece muy divertida


La letra en castellano dice:
"A, m" dijo un día un sapito
"A, m" dijo un día un sapito
"A, m" dijo un día un sapito para mí
los sapitos dicen "M, a, m"

La canción se transforma en un juego de máxima concentración cuando cerramos los ojos al decir "A" y los abrimos al hacer sonar "m". Además podemos ir aumentando la velocidad a medida que la repetimos. 

¿Que no? ¡Anda y pruébalo!

No os muestro las imágenes de mi alumnado porque no tengo permiso de imagen de todos ellos...

Tendréis que usar la imaginación, lo que os puedo asegurar es que nos reímos mucho. ;)

Os dejo dos intentos, de dos clases diferentes, ambas están en una versión en gallego y con una variación: en "para min" nos señalamos con las dos manos nuestro pecho-tronco y en "para ti" señalamos con las manos estiradas hacia adelante o hacia otro compi.










"A, m" dixo un día un sapiño
"A, m" dixo un día un sapiño
"A, m" dixo un día un sapiño para min
os sapiños dicen "M, a, m"
"A, m" dixo un día un sapiño
"A, m" dixo un día un sapiño
"A, m" dixo un día un sapiño para ti
os sapiños dicen "M, a, m"

29 abr 2012

A Princesa do Caurel

Traballamos a historia do conto e a canción de Almudena Janeiro.


Fixemos debuxos que mostramos no Popplet ;)


27 abr 2012

26 abr 2012

Os contos no Día do Libro

O mércores publiquei as fotos dos debuxos no artigo: Xogamos cos personaxes dos contos
e hoxe quixera incluir este tema musical que fixemos na aula de 1ºC.
Cada quen dixo en voz alta o nome dun personaxe de libro que lle guste especialmente e co programa Songify preparamos este tema musical.
Agardamos que vos guste:


24 abr 2012

Xogamos cos personaxes dos libros

A lectura e os libros sempre teñen un bo sitio na aula e na clase de música.
Con motivo do día do libro, que foi onte e todos os 23 de abril... esta semana teñen un sitio moi especial: os libros, os contos e os seus personaxes son os protagonistas.

O alumnado de primeiro de primaria traballou distintos aspectos:
- Canción titulada "Cando leo un libro son feliz"
- Imitación xestual de personaxes de contos
- Adivinación dos xestos dos compañeiros
- Debuxos de personaxes de contos e escritura dos seus nomes
- Elaboración de murais
- O termo Kamishibai que significa "Teatro de papel"
- Acompañar libremente con instrumentos de placas o relato dun conto no Kamishibai
- Así como o respecto, o turno, o silencio, a espera, a colaboración, a lectura, a escoita, o canto, a práctica musical libre, o xesto corporal, ...

Moito traballamos! O que segue é para que vos fagades unha idea ;)



Personaxes de contos on PhotoPeach

23 abr 2012

Día do libro 2012

Na clase de 6ºB fixemos esta canción. ;)


Letras para o coro

Aquí tendes as letras das 3 cancións que imos cantar no festival das Letras Galegas para que poidades ir repasando...

Cancións Letras Galegas

22 abr 2012

Segunda participación en Kantaconmigo ;)

E xa era con tempo pero...
Nesta ocasión é o grupo de Primeiro, podes escoitalos no vídeo ou visitar o blogue do proxecto musical ;)





O CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón participa no proxecto Kantaconmigo ;)

Preme na imaxe para ver as cancións do cole no proxecto


Proximamente: "Caramelos chungos"


Na aula de 5ºB estamos facendo un anuncio.
Estamos a piques de rematalo pois xa pasamos polas fases previas de:
- Escoller profesión: actores-actrices, maquillaxe-perruquería, dirección, sonido, imaxe, decorados-vestiario, relacións públicas, guionistas
- Escoller guión
- Consensuar estructura
- Primeiras tomas

Esta semana que entra rematámolo ;)

20 abr 2012

A clave de sol

Este signo musical resúltanos moooooi coñecido pero agora, nas aulas de primeiro, xa sabemos cómo se chama e para qué serve a clave de sol. ;)
Eles mesmos/as fixeron a foto a cadansúa ficha e gravaron a súa explicación mentres escribían a clave de sol co dedo na pantalla... é un proceso moi difícil e moi ben feito! Noraboa! =)

Ollo: se premes nas fotos cargaránse uns vídeos onde cada quen saúda e escribe a clave de sol co dedo. Ten un pouco de paciencia porque tardan en cargar uns segundos...

VÍCTOR

CARMEN

NEREA

XOÁN

UXÍA

LORENA

ILHEM


19 abr 2012

O silencio

Moitas veces traballamos o silencio pois é un concepto simple e complexo, grande e pequeno, que está e non está... Vamos, depende!
Iso significa que é relativo.
Podedes reflexionar comentando qué é o silencio para vós aquí, nos comentarios.


O SILENCIO on PhotoPeach

Instrumentando en 5ºA

16 abr 2012

En busca dos erros

Estas fotos pertenecen á sesión de música da semana pasada coa clase de segundo.
Foron feitas en momentos diferentes onde a quietude do momento se alternaba con movementos e música.
Cada quen tiña que buscar o sitio escollido e posar do mismo xeito para a foto.
;)

7 abr 2012

Chegou a Primavera

E como xa é habitual, tal e como fixemos no outono e no inverno, achego unha serie de vídeos cos temas correspondentes das Estacións de Vivaldi









A Primavera con debuxos en forma de musicograma ;)


Musicograma de @mappo en educacionmusical.es


Animación con area ;)


"Llegó la primavera" de Música Alcalá

Cambio de estación ;)

ADEUS!


OLA!




1 abr 2012

Canción para o coro do cole

Atención, atención!
Imos volver facer reunións para o coro do cole.
A próxima actuación será o 16 de maio con motivo do día das Letras Galegas.
Se queres participar tes que prestar atención á próxima convocatoria e casting de voces.
Se queres ir practicando aquí tes unha das cancións que imos representar:

LETRA

Canción Kantaconmigo


MÚSICA


ADAPTACIÓN DE:


Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.