31 oct 2011

Os esqueletos

Os esqueletos on PhotoPeach

Hoxe celebramos o Samaín

O alumnado de 3º de Primaria aprendeu a canción "O Samaín" de Mamá Cabra.
Realizamos exercicios por parellas, aprendemos unha estrofa, decidimos os xestos que o poden dramatizar, bailamos e cantamos.
Pero os traballos escritos quedaron moi chulos porque os decoraron monstruosamente ben!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This scrapbook design customized with Smilebox

29 oct 2011

A nota SI

Nas clases de 4º comezamos a aprender a tocar as notas na frauta.
A primeira en presentarse é a SI
Fixemos un exercicio de localización dos buratos que hai que tapar para facer soar esta nota e quedou moi chulo! Parabéns!

A nota SI on PhotoPeach

28 oct 2011

OS MORCEGOS

Hai quince días estivemos investigando cousas do sonido no enlace do mundo sonoro e comezaron a xurdir moitas preguntas sobre os morcegos.
Entón propuxen investigar sobre eles, poderían facelo aqueles nenos e nenas que lles apetecera de xeito libre e voluntario.
Pois... este mércores recibimos bastantes traballos.
Ao día seguinte aínda apareceron 3 traballos máis pero... xa non saen na foto! Terá que ser a próxima vez!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow customized with Smilebox

18 oct 2011

Comezamos a investigar!

Nas clases de 6º xa comezamos coa investigación sobre o MUNDO SONORO.
As actividades están distribuídas nos blogues correspondentes, podedes pasar polo voso para lembrar a información que tendes que buscar!


Blogue de 6º A

Blogue de 6º B


13 oct 2011

MUNDO SONORO

Hai uns días que chegou a Super Maleta do Coñecemento que nos empresta o CITA
Terémola ata finais de mes e poderemos utilizar o seu contido e traballar para coñecer un monte de cousas sobre o sonido.

Imos a empezar coa investigación!!!


Preme no debuxo!
Licencia de Creative Commons
Música no cole by @mestraprimaria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.