Me encanta!
As palabras que a conteñen tamén me gustan moito:
muíño, castaña, camiño, xoaniña,...
e non digamos das que son diminutivos:
rosiña, bonitiña, riquiña,...
http://www.flickr.com/photos/49968232@N00/5614134074
Seguro que vos preguntades "Por qué fala agora do ñ?" pois falo porque estamos investigando o nome da comiña de respiración que aparece nalgunhas partituras... lembrades? Pincha aquí se non lembras
E aínda ninguén deu coa resposta!
Mmmmm. Parece complicado e por iso vou dar unha pista!
ATENCIÓN PISTA!
A comiña de respiración que aparece nalgunhas partituras ten o mesmo nome que o símbolo do eñe, esa liña pequena que está enriba do n.
Agora tendes que averiguar o seu nome!
Ánimo!
Estiven buscando en internet e apareceme un resultado bastante completo do diccionario da RAE
ResponderEliminaronde pon que se chama virgulilla.
Non sei si é, pero queria intentalo... ;)
chámase virgulilla
ResponderEliminar