Esta semana traballamos a historia musical de "Pedro e o lobo"
Tiven as miñas dúbidas en presentárllelo pola miña opinión sobre o papel dos lobos nos contos infantís... mais procurei darlle a volta a esto e aproveitar esta historia para falar e debatir sobre as opinión de cada quen sobre o lobo e o seu papel no conto así como o do resto dos personaxes.
Para introducir a historia melódica e musical primeiro traballamos distintos exercicios coas nosas voces: adiviñar quén da clase fala mentras temos os ollos tapados, exercicios coa megafonía do colexio para adiviñar quén fala, grabar as nosas voces e recoñecelas despois,...
Comentamos a importancia da voz como instrumento e tamén do seu caracter individual, que aínda que podemos intentar imitar á voz doutra persoa sempre queda algo propio e persoal.
Falamos das palabras que contan historias e de cómo poden contar historias os instrumentos, e de que cada instrumento ten o seu son característico, o seu timbre. Incluso hai quen dixo que non todos os clarinetes soan igual ;)
Iso serviu para introducir a versión de Disney, na que os personaxes non falan pero a historia, para ser máis sinxela, está acompañada dunha narración.
Non nos deu tempo a facer xogos de interpretación e dramatización co audio... iso queda para outra ocasión.
O que sí nos deu tempo foi de practicar co Encerado Dixital estas actividades de Miren Garralda
Os obxectivos cumpríronse na súa maioría. Xa coñecemos máis dos instrumentos e do seu son.
No hay comentarios:
Publicar un comentario